domingo, 24 de noviembre de 2013

Visita a SOGAMA

Na visita a SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) aprendimos a importancia que ten separar o lixo nas nosas cosas e depositalo nos contenedores apropiados: os envases e latas no contenedor amarelo de plásticos, papel e cartón no contenedor azul e por último botellas no de vidro.
Antes da visita analizamos o entorno nas nosas casas e cada un de nós fixo un plano para localizar os contenedores máis próximos e medir o tempo que nos leva chegar a eles, chegando á conclusión de que practicamente é un minuto o que nos supón desprazarmos, por termo medio.
Nesta planta de Cerceda conseguen obter dos residuos un combustible que posteriormente serve para obter electricidade. Tamén conseguen separar os diferentes tipos de plástico para que poidan ser reutilizados. É moi importante depositar os envases de plástico completamente baleiros de restos de comida para facilitar esta tarefa.
Por ultimo, serviunos tamén para concenciarnos sobre o noso hábito consumista. Todos producimos un quilo de lixo diario e, por riba, desperdiciamos unha gran cantidade de comida, mentres que en moitas zonas do planeta moita xente morre de fame. Cómpre dicir que dentro de pouco iniciaremos no colexio a "Operación Quilo" e poremos o noso grao de area para axudar aos máis desfavorecidos.
Pero na nosa excursión tamén tivemos tempo para facer unha visita a Coruña, aproveitando a súa cercanía a Cerceda. Esta cidade sempre está preciosa, pero co Sol que tivemos aínda o foi máis!
Aquí vos deixamos algunhas fotos de recordo: