CRÓNICA DO
MISTERIO DAS RÚAS DE MONFORTE DO DÍA 3 DE NOVEMBRO DE 2014
Como xa
informamos, estamos inmersos na semana do proxecto interdisciplinar a
desenvolver polos alumnos de 1º e 2º de ESO, O misterio das rúas de Monforte, co cal pretendemos aprender por
que se chaman así algunhas rúas da cidade, onde están situadas e o aspecto que
tiñan antigamente, que feitos relevantes aconteceron nelas e como se fai unha
páxina web colaborativa.
Onte
luns, o primeiro día, tivo lugar a presentación deste proxecto, despois de que
os alumnos atoparan no corredor unha recreación da parte antiga de Monforte e
na súa mesa, un sobre co plano da cidade e a rúa ou rúas sobre as que tiñan que
traballar.
Durante
a mañá buscaron información sobre a etimoloxía e a historia das rúas, así como algunhas
curiosidades acontecidas nelas para non vindeiros días incluílas na páxina web.
E xa
pola tarde, recrearon no corredor a rúa Cardeal despois da elaboración duns
bosquexos. Actividade moi ben acollida e na que os alumnos destacaban a
cantidade de veces que tiñan pasado por esta rúa sen percatarse de todos os
detalles que esconde.
Mañá,
continuaremos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario