DÍA 5 DE
NOVEMBRO DE 2014
Hoxe
nas primeiras sesións houbo un cambio de papeis en relación ao acontecido onte:
un grupo asistiu a unha visita guiada polas rúas de Monforte co especialista do
concello, Xosé Martínez, e ao outro foille presentada a páxina web do proxecto
cunha explicación do manexo básico dunha páxina web no Google sites.
Continuouse
tamén coa recreación da rúa Cardeal no corredor da ESO (está a quedar unha obra
de arte).
Para
xa adicar as últimas sesións a traballar especificamente dúas materias,
matemáticas e inglés, pero sempre tendo como referencia ou base o material do
proxecto. En matemáticas manexaron escalas, áreas, porcentaxes,... e así foron
quen de calcular a área da Praza da Compañía utilizando como soporte o Google
maps. En inglés aprenderon e manexaron vocabulario e expresións para preguntar
e indicar roteiros ou pasos a seguir para chegar a puntos concretos da cidade a
traverso de actividades orais, escritas e on line.
E,
xa pasamos o ecuador do proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario