DÍA 4 DE
NOVEMBRO DE 2014
Segundo día dos programados para o desenvolvemento deste proxecto.
Os
catro grupos de alumnos foron divididos en dous para realizar distintas
actividades. Por unha banda, a uns foille presentada a páxina web do proxecto e
unha explicación do manexo básico dunha páxina web no Google sites, así como a
asignación das contas de correo a cada grupo incidindo na importancia de
preservar a confidencialidade das contrasinais. O outro grupo asistiu a unha
conferencia impartida por un especialista do concello, Xosé Martínez, sobre as
rúas que están a investigar e posteriormente realizaron unha visita ás mesmas
para elaborar unha biblioteca fotográfica.
Nas
últimas sesións continuaron a recrear no corredor do colexio a rúa Cardeal.
Mañá...,máis.